ConcellosÚltima hora

Monseñor Juan Antonio Menéndez, novo bispo de Astorga

A Nunciatura Apostólica de España comunicaba o seu nomeamento no mediodía do 18 de novembro
O novo bispo de Astorga, monseñor Juan Menéndez.
O novo bispo de Astorga, monseñor Juan Menéndez.

A Santa Sede vén de facer público que o Papa Francisco aceptou a renuncia ao goberno pastoral da Diócese de Astorga presentada hai xa uns meses por monseñor Camilo Lorenzo Iglesias (1940, San Mamede de Canda, Ourense) que levaba no cargo dende 1995, “conforme ao canon 401, parágrafo 1, do Código de Dereito Canónico. Ademais acaba de nomear como novo bispo desta diócese a monseñor Juan Antonio Menéndez Fernández, bispo auxilar de Oviedo dende 2013. Así llo comunicaba a Nunciatura Apostólica en España á Conferencia Episcopal Española (CEE).

O novo bispo de Astorga, Juan Antonio Menéndez, nacía en 1957 de Villamarín de Salcedo (Grado, Asturias). Foi ordeado sacerdote en maio de 1981. Realizou os seus estudos eclesiásticos nos seminarios menor e maior de Oviedo, afiliado á Universidade Pontificia de Salamanca, onde remataba a licenciatura en Estudios Eclesiástico no ano 1980. É tamén licenciado en Dereito Canónico pola mesma universidade no ano 2005. Na Conferencia Episcopal Española é membro das Comisións Episcopais de Migracións e Pastoral.

“Non me resulta do todo descoñecida a realidade eclesial da Diócese de Astorga porque dende hai máis de vinte anos participo nas reunións da Provincia Eclesiástica de Oviedo onde puiden comprobar cales foron e son as vosas preocupacións e como tedes dado resposta oportuna aos novos retos pastorais orientados polo bo facer de D. Camilo”, asegura o novo bispo no saúdo aos diocesáns de Astorga que vén de facerse público dende esta Diócese, da que forma parte o oriente da provincia de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button