ConcellosGalerías de fotosManzanedaVilariño de Conso

Montaña, glaciarismo e etnografía en estado puro na Ruta Fonte das Piornizas, de Cabeza Grande a Chaguazoso

Esta marcha de montaña ten sido organizada pola Asociación Vive Vilariño en colaboración co Concello de Vilariño de Conso

 

Dende Chaguazoso (Vilariño de Conso) ata Cabeza Grande (Manzaneda). Un total de 14,8 km polo Macizo Centro Ourensán, unha espectacular paisaxe de montaña, natureza, pasado glaciar e etnografía con senlleiras mostras como os curros dos pastores do municipio de Manzaneda, algúns aínda en uso no verán, ou o impresionante foxo do lobo de Chaguazoso.

 

 

Este era o percorrido da Ruta “Fonte das Piornizas”, promovida pola Asociación Vilariño en colaboración co Concello de Vilariño de Conso, que se celebraba na xornada do sábado 16 de abril.

 

 

Os participantes saían dende Chaguazoso, onde deixaban os coches e se iniciaba o traxecto. A ruta finalizaba con petiscos.

Fotos: Asociación Vive Vilariño.

 

Artigos relacionados

Back to top button