En portadaÚltima hora

Montañas do Courel, primeiro xeoparque mundial de Galicia

A Unesco vén de amparar este territorio formado polo concellos lucenses de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel
Paisaxe do Courel./ Foto: Carlos G. Hervella.

Na recente reunión da súa executiva en París, a Unesco vén de resolver positivamente a proposta presentada conxuntamente polos municipios de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel para que estas zonas lucenses pasen a ser un xeoparque mundial. Isto converte ás Montañas do Courel no primeiro territorio galego en lograr este recoñecemento internacional.

Ata agora en España había doce lugares con este selo, o que lle permite ás Montañas do Courel pasar a formar parte dunha rede mundial formada por uns 140 territorios de diversos continentes.

O proxecto desta candidatura comezaba a xestarse hai varios anos e foi presentado no 2017 ante a Unesco, despois de resultar aprobada pola comisión española de cooperación con este organismo internacional. Durante o pasado verán, dous auditores de la Unesco (Sophie Justice e Zhang Jianping) visitaban esta zona durante varios días para ver sobre o terreo os seus valores xeolóxicos e patrimoniais, así como as infraestruturas e proxectos desenvolvidos polos seus concellos para a súa posta en valor. Finalmente agora a candidatura vén de saír adiante, e no primeiro intento.

 

Imaxe da visita dos auditores da Unesco o pasado verán ao territorio do proxecto Montañas do Courel./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button