Galerías de fotosÚltima hora

Tenreira en tres pratos diferentes, na Festa da Carne de Montederramo

A XX edición desta cita gastrónomica reuníu a máis de 1.200 persoas no xantar oficial celebrado o día da Virxe do Pilar

Un ano máis dende hai vinte, o 12 de outubro celebrouse unha cita dobre no concello ourensán de Montederramo. Coma no resto de España, foi día festivo na honra á Virxe do Pilar, o día da Hispanidade, pero tamén foi a cita para unha nova edición da Festa da Carne que reuníu no xantar oficial baixo a carpa instalada para a ocasión, a máis de 1.200 persoas, segundo os datos que baralla o alcalde Antonio Rodríguez.
Previo pago de 15 euros, o mesmo prezo da pasada edición, os asistentes puderon degustar un dos productos estrela da gastronomía galega, a tenreira , preparada de tres formas diferentes: en empanada, ao caldeiro e richada. De postre, bica manteigada, completando o menú, o pan da zona e o viño da D.O. Ribeira Sacra.
Como en toda festa que se precie, a música da charanga non faltou, pechando unha exitosa e festiva xornada na que destacou o bo tempo, cun resplandecente sol que acompañou aos comensais.
A festa que este ano cumpría dúas décadas, ten a súa orixe nunha feira tradicional para a venda e exposición dos mellores exemplares de gando vacún autóctono da comarca. Durante os últimos anos foi transformándose o carácter da celebración, deixando a un lado o obxectivo netamente comercial para converterse nunha feira gastronómica, lúdica e turística.

Texto: Mónica G. Bellver Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición de novembro en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button