Dous mil atrás Montefurado era un enorme mina de ouro do Imperio romano. Esa actividade extractiva deixou unha paisaxe característica sobre a que se asentou esta localidade quiroguesa. Cunha festa romana está a lembrar Montefurado as súas orixes nesta fin de semana.
Tras unha visita guiada pola maña, a praza convertíase en escenario da celebración durante a tarde con diversas actividades como un campionato de bolos e obradoiros de acuñado de moedas e de escritura romana. Despois este espazo, situado xunto á igrexa, preparábase para convertirse en escenario dunha cea romana na que se contaba cunha asistencia dunhas 130 persoas.
O domingo pola mañá continuarán os actos, desta volta centrados no exército romano, que antano controlaba esta explotación aurífera.
Esta festa romana está sendo organizada polo pobo de Montefurado e por Pax Romana en colaboración coa Asociación Boca do Monte.
Fotos: Carlos G. Hervella.