DeportesÚltima hora

Monterrei acolle a súa XI Marcha BTT

Constará de dous percorridos: de 62 e 42 quilómetros

Durante a presentación da actividade.

 

A XI Marcha BTT de Monterrei terá lugar o vindeiro domingo, día 1 de setembro. Así, os participantes poderán elixir entre dous percorridos: un de 62 e outro de 42 quilómetros, de dificultade media-alta, e de dificultade media, respectivamente.

A presentación da actividade tivo lugar no Pazo Provincial de Ourense, acto ao que acudiron o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; o coordinador da proba, Diego Matías; e o presidente do Club BTT de Verín, Kiko Calviño.

 

 

A proba comezará ás 9:30 horas, e pasará por pistas veciñais e camiños rurais de diferentes localidades do municipio. Diego Matías, explicaba que as rutas pasarán por municipios de Oímbra e Verín, e que están deseñadas para “poñer en valor os recursos culturais e naturais do concello e da comarca”.

As persoas que se queiran anotar poderán facelo en Sportmaniacs. Así, os prezos serán de 15 euros para as rutas con xantar incluído, de 12 euros para os acompañantes, e de 5 euros para as rutas pero sen xantar.

Artigos relacionados

Back to top button