EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Monterrei, o viño oficial na 47 Feira do Cocido de Lalín

Esta celebración de interese turístico galego celebrarase na fin de semana previa ao Entroido

 

Imaxe de botellas de viño da D.O. Monterrei./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe de botellas de viño da D.O. Monterrei./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Unhas 70.000 persoas se darán cita nesta fin de semana en Lalín (Pontevedra) co fin de participar na 47ª edición da súa Feira do Cocido. Neste evento, que está declarado de interese turístico e que involucra a 29 restaurantes da localidade, a Denominación de Orixe Monterrei colaborará de novo co Concello, sendo o seu viño o oficial na cita.  Ademais o viño desta D.O. ourensá servirase no xantar oficial que a organización ofrecerá a preto de 400 comensais no restaurante Hotel Torre do Deza.

Para a elección do viño que representará este domingo a Monterrei, o Consello Regulador promovía un concurso entre as súas adegas. “Nel participaron tintos xoves e con barrica da denominación que foron sometidos á valoración dun panel de expertos, en cata a cegas. A mostra mellor valorada, que lograba imponerse coa mellor puntuación, correspondía ao viño Father 1943 da adega Crego e Monaguillo”, segundo se informa dende o CRDO Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button