EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Monterrei presenta os seus viños nunha cata en Ribadeo

Terá lugar na tarde do 29 de agosto e estará dirixida polo recoñecido sumiller Luis Paadín
O sumiller Luis Paadín durante unha cata./ Foto: Carlos G. Hervella.
O sumiller Luis Paadín durante unha cata./ Foto: Carlos G. Hervella.

A viñoteca El Gallego de Ribadeo acollerá ás 19,00 horas do 29 de agosto unha cata aberta ao público de viños da Denominación de Orixe Monterrei. Estará dirixida por Luis Paadín, presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia, e nela valoraranse 20 viños.

Esta acción inclúese no abano de actos promocionais que está a desenvolver o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. Con eles preténdese “dar a coñecer as singularidades dos viños da comarca”, en palabras da súa presidenta, Asunción Rodríguez. Tamén resalta que estas “accións divulgativas dan continuidade ás celebradas en cidades como Vigo, Santiago, A Coruña ou Lugo e proseguirán nos próximos días en diferentes urbes do territorio español como Madrid ou Valencia”.

Artigos relacionados

Back to top button