EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Monterrei, presente no I Curso Maxistral de Viños Galegos, na Coruña

Ao longo das xornadas desta iniciativa, promovida por Servino e dirixida por Luis Paadín, poderán catarse máis de 130 referencias

magis1

Na xornada do 12 de abril do I Curso Maxistral de Viños Galegos, que se celebrará na Aula de Cata de Servino na Coruña, participará o director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Luis Miguel López Núñez. Nesta sesión realizará una cata para os asistentes ao curso, onde amosará seis viños elaborados nesta zona vitivinícola do sur da provincia de Ourense. “Os microclimas, a gran variedade de solos destas terras e as variedades de uva utilizadas dotan a estes viños dunha gran personalidade e complexidade de aromas. Os asistentes probarán tres viños brancos, todos eles xoves, e tres tintos, un xove e outros dous con envellecemento en barrica”, segundo se informa dende o CRDO Monterrei.

Esta iniciativa formativa, organizada por Servino, pretende achegar a actualidade vitivinícola galega da man dun dos seus grandes coñecedores e autor da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia”, Luis Paadín. Nela tamén participan os directores técnicos das distintas denominacións vitivinícolas galegas. Este curso está conformado por 16 xornadas, con máis de 40 horas de clases, e permitirá aos alumnos probar máis de 130 viños e destilados galegos.

Artigos relacionados

Back to top button