EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Monterrei promocionará os seus viños na Feira do Lázaro de Verín

A D.O. contará cun stand conxunto coa Asociación de Hostaleiros da comarca neste certame previsto para os días 12 e 13 de marzo en Verín

monterrei

As persoas que na fin de semana do 12 e 13 de marzo visiten a feira de artesanía e gastronomía do Lázaro en Verín (instalada no pavillón de deportes) poderán degustar viños da Denominación de Orixe Monterrei. Será nun stand que o seu consello regulador compartirá coa Asociación de Hostaleiros da comarca (AEHCOM), no que tamén se ofrecerán pinchos. Deste modo ambas entidades danlle continuidade á colaboración encetada no 2015 no marco da Feira do Viño de Monterrei.

Nas mañás do sábado e do domingo, este expositor estará aberto cun horario de 10 a 14 horas e, polas tardes, poderá visitarse entre as 16 e as 22 horas no caso do sábado e ata ás 21 horas o domingo. Neste espazo expositivo poranse á venda viños da D.O. Monterrei e tamén pinchos elaborados polos restaurantes que forman parte da asociación. O prezo de cada consumición, tanto no referente aos viños como aos pinchos, será de 1,5 euros. Desta maneira búscase “dar a coñecer os produtos da zona e potenciar o seu consumo”, en palabras da presidenta do CRDO Monterrei,  Asunción Rodríguez Zarraquiños.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button