CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Montse Rivera contará en Sober o 14 de xuño como era o vestiario dos devanceiros

Montse Rivera, na imaxe do cartel deste espectáculo.

“Cóntoche un traxe” é o título dunha divertida actividade divulgativa que terá lugar o 14 de xuño en Sober da man de Montse Rivera. Será ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal e estará enmarcada no programa de animación á lectura ‘Ler conta moito’, unha colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Sober.

Rivera fará unha viaxe no tempo para amosar como vestían os nosos devandeiros e nela embarcará tamén ao público que xogará a vestirse coma eles e a comprobar as diferenzas entre o vestiario de antano e o actual e tamén do modo de vida.

Logo de traballar durante moito tempo en grupos tradicionais de renome moi preocupados pola recuperación e evolución do vestiario tradicional, como Leilía, agora Rivera achega un orixinal espectáculo para reflexionarmos entre o tempo dos nosos bisavós e o actual.

Artigos relacionados

Back to top button