DeportesÚltima hora

Montserrat Barrio, primeira valdeorresa en facerse co título de xuíz nacional nivel II de atletismo

Montserrat Rodríguez, durante unha proba de atletismo nas pistas de Calabagueiros (O Barco)./ Foto: A.R.

Era un reto persoal para o que se levaba preparando moito tempo. No pasado outono a delegada de xuíces da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA), Montserrat Barrio Rodríguez, presentábase con moita ilusión e esforzo ao exame para obter o título de xuíz nacional de nivel II e agora vén de recibir a noticia de que conseguiu superalo.

“Cando mo comunicaron non podía crelo, pensei que era unha broma”, comenta emocionada. Trátase da primeira valdeorresa en conseguir esta titulación como xuíz. Ademais dela, outros sete galegos conseguían superar este exame da Real Federación Española de Atletismo (RFEA).

Artigos relacionados

Back to top button