Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Morea celebra no Barco o Día Mundial da Saúde Mental

Os membros da asociación, con delegación na rúa Castelao, agasallaron aos veciños cun café e un caravel

Co obxectivo de  sensibilizar á poboación sobre a enfermidade mental e dar a coñecer o labor da asociación, a A.F.E.M. Morea instalaba na praza do Concello do Barco de Valdeorras un punto de información atendido por algúns dos membros.

Deste xeito, agasallando cun café e un caravel a todo aquel que se achegaba ata a carpa celebrabran, na mañá do 10 de outubro, o Día Mundial da Saúde Mental.

A Asociaciónd e Familiares e Enfermos Mentais, é membro de FEAFES (Confederación Española de Agrupacións de Familiares de Enfermos Mentales) e conta con delegacións en Ourense, Verín, Lalín, A Peroxa e O Barco. Dende a sede de Valdeorras adiantan que de cara ao vindeiro ano están barallando a posibilidade de instalar o punto de indormación no Hospital Comarcal Valdeorras.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button