ConcellosÚltima hora

MoreaShow presentará no Barco a súa nova obra de teatro “Alicia no país”

A representación será o venres 2 de marzo ás nove da noite no Teatro Lauro Olmo
Cartel da obra de teatro “Alicia no país” de MoreaShow.

No ano 2010, grazas ao traballo conxunto de voluntarios, traballadores e usuarios de Morea O Barco, nacía o grupo de teatro MoreaShow. Déronse a coñecer ese mesmo ano nas Xornadas de Teatro da Rúa coa súa primiera obra “Concerto para estación de autobuses” e despois virían “Radio Carqueixa, Onda curta”, “Radio Carqueixa, en crise de valores”, “Spaguetti con chourizo Western” ou “Microencontros: pequeños momentos de humor”, chegando ao 2018 cunha nova proposta.

Tras un “duro ano de traballo por parte de voluntari@s, usuari@s e trabajadores, e coa axuda inestimable do noso novo director, Gabriel Prada”, tal como explican dende Morea, neste 2018 presentan a súa nova nova obra: “Alicia no país” unha divertida adaptación da obra de Lewis Carroll, que representarán no Barco de Valdeorras o vindeiro venres 2 de marzo.

A obra será ás 21h. no Teatro Lauro Olmo. O prezo da entrada será de 3 euros, contando con entradas Fila 0 xa dispoñibles na sede da asociación (Rúa Castelao, 8 do Barco de Valdeorras).

Artigos relacionados

Back to top button