CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A Morte e mil Diabos soltos por Vinhais

Dende as proximidades do Seminario ata o centro histórico. Era o traxecto seguido pola espectacular procesión, presidida pola figura dunha enorme Morte e preto de mil Diabos (demos) que percorría Vinhais (nordeste de Portugal) na tarde do 17 de febreiro.

A comitiva ía encabezada por moteiros de Vinhais e pola música dos Gaiteiros Zido da localidade. Tras eles, un carro empurrado polos Diabos, no que ían depositando ás mozas que se atrevían a desafialos dende os balcóns. Coa axuda dunha escada, subían ata alcanzalas e collíanas, pese aos intentos das mozas de afastalos botándolles auga e cinsa. Finalmente, ía a figura da Morte, pechando o cortexo.

Ademais o percorrido interrumpíase en diversas ocasións cunha serie de representacións como a alegoría dos sete pecados capitais, a alegoría do ceo-inferno e os cánticos e narracións dos anxos ou, xa na recta final, o ceremonial das “Ladainhas” e a queima da Morte e a revelación do seu rostros.

De seguido, na tenda dos diabos os participantes degustaban diversos produtos gastronómicos nas “tasquinhas”, xunto con animación musical. Xa en torno ás 21:30h. procedíase á queima do Diabo, seguida dun concerto.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button