ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Mostra colectiva de escultura e pintura galega en Laurarte

Esta sala barquense reúnse case 40 obras de tres creadores que estarán expostas ata mediados de novembro

O granito adquire faces masculinas e femininas da man de Marcos Escudero. Tamén cobra forma de maternidade ou de dous namorados que se miran de fronte. A obra deste escultor pontevedrés forma parte da mostra colectiva de escultura e plástica que se inauguraba na tarde do 11 de setembro en “Laurarte. Centro Artístico da Pedra”, situado na praza Andrés de Prada do Barco.

A exposición reúne case 40 pezas (entre cadros e esculturas) de estislos moi distintos e tamén de diferentes formatos, materiais e técnicas. Nela tamén participan a escultora “Roxana e Montalbetti” coa súa obra “A igualdade” en barro e madeira, así como os artistas plásticos Orde e Caos e Andrea Dávila. Poderá visitarse ata mediados de novembro nesta sala de exposicións barquense que se encontra nas inmediacións do Malecón.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Fotos: Cedidas as dúas primeiras/
Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button