CulturaCulturaÚltima hora

Mostra colectiva en Laurarte, no Barco

A exposición, que poderá visitarse ata mediados de novembro, reúne pezas de escultura e pintura
O escultor Marcos Escudero coa responsable de Laurarte, Laura Duben,./ Foto cedida.
O escultor Marcos Escudero coa responsable de Laurarte, Laura Duben,./ Foto cedida.

Na tarde do venres 11 de setembro terá lugar a inauguración dunha mostra de escultura e pintura en “Laurarte. Centro Artístico de la Piedra”, situado na praza Andrés de Prada do Barco. Esta mostra reunirá pezas realizadas en canto rodado e granito do escultor pontevedrés Marcos Escudero, así como de “Roxana e Montalbetti” coa súa obra “A igualdade” en barro e madeira. Asemade na exposición participarán os artistas plásticos Orde e Caos e Andrea Dávila.

Cartaz desta exposición.
Cartaz desta exposición.

A apertura da mostra está prevista para as 19:30h. e as obras poderán verse nesta sala barquense ata mediados do vindeiro mes e novembro.

Artigos relacionados

Back to top button