EntroidoOurenseÚltima hora

Mostra de cartaces da Festa da Pita no Centro D. Serviocio de Ourense

Poderá visitarse ata o vindeiro 28 de febreiro nestas instalacións e complementarase con actividades
Cartaz feito por Che ano 2010.
Cartaz feito por Che ano 2010.

Cada ano, un cartaz asinado por un artista ourensán. Nas últimas doce edicións a Festa da Pita ten contado coa colaboración desinteresada de diversos creadores da provincia que están a aportar o seu punto de vista sobre este Entroido e sobre a súa máscara no cartaz promocional desta festa do barrio das Eiroás. Co paso do tempo, tense ido conformando un “abano heteroxéneo da iconografía do noso Entroido e unha mostra de interese artístico”, en palabras da Asociación de Amig@s da Pita, que agora se reúne en forma de exposición. Poderá visitarse ata o vindeiro 28 de febreiro nas instalacións do C.D. Serviocio Ourense, sitas na R/ do Sol, nº 2 (As Eiroás).

Cartaz feito por Pepe Xoga no 2006.
Cartaz feito por Pepe Xoga no 2006.

Este proxecto expositivo nace froito dun convenio de colaboración asinado entre o Centro Deportivo Serviocio Ourense e a Asociación Amig@s da Pita e inclúe un programa de actividades que achegan o Entroido das Eiroás aos usuarios deste centro: a presentación da festa e un obradoiro de manualidades.

Os artistas e deseñadores que teñen colaboraron co Entroido das Eiroás e cuxos cartaces poden verse na mostra son: Heitor Rial, Félix Caramés, Pepe Xoga, Paco Boluda, Manolo Penín, “Rober” Vázquez Araújo, Xosé Lois Vázquez “Che”, Jacobo Lorenzo Nespereira, Miguel Suárez, Iván Bendaña e Idoia de Luxán; “a quenes seguimos estando enormemente agradecidos.

Ademais esta mostra, que conta asemade coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, compleméntase coa exposición dunha máscara completa da Pita e con distintos elementos propios da festa e do traxe.

Os diferentes cartaces poden verse no enlace: https://festadapita.wordpress.com/recursos/carteis/

Artigos relacionados

Back to top button