CulturaEducaciónGalerías de fotosMicoloxíaÚltima hora

Mostra de cogomelos no IES Martaguisela

Máis de cincuenta clases de fungos permanecen expostos no centro barquense

Un ano máis, o IES Martaguisela do Barco de Valdeorras afonda no mundo dos fungos a través dunha exposición. Por iniciativa do departamento de ciencias do instituto barquense, a mostra na que poden verse máis de cincuenta especies diferentes de cogomelos, contou coa colaboración de alumnos e profesores que facilitaron as setas, e tamén do experto en micoloxía Cristóbal Ruíz Leivas, responsable da clasificación.

Á parte dos cogomelos recollidos pola zona, na entrada do instituto permanecen expostas as maquetas elaboradas por alumnos do centro para participar nas “XX Jornadas Micológicas do Bierzo”. Unha delas foi merecedora do segundo premio do concurso dentro da categoría de 1º ciclo de Educación Secundaria colectivo.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button