Galerías de fotosÚltima hora

Mostra de libros adicados á muller, na Biblioteca do Barco

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, a Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco vén de instalar unha pequena mostra de libros que abordan, dende diferentes ámbitos e estilos á figura da muller. Está instalada á entrada desta infraestrutura cultura e poderá verse ata a vindeira semana.

Ademais no exterior da biblioteca, destácanse as figuras de diversas mulleres de referencia no ámbito galego e español como é o caso de Emilia Pardo Bazán ou de Concepción Arenal, entre outras.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button