ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Mostra dos traballos do certame de debuxo infantil da Feira de Amandi

Esta mostra vitivinícola celebrarase os días 28 e 29 de marzo en Sober coa presenza de 22 adegas da D.O. Ribeira Sacra

Os debuxos que participaban na edición deste ano do concurso de pegatinas da Feira do Viño de Amandi poden verse na mostra que se inauguraba na mañá do 27 de marzo na Casa da Cultura de Sober. Ao mediodía o alumnado do CEIP Virxe do Carme e o do CEIP Monte Valiño achegábanse para ver a exposicióndeste certame do que saía a pegatina que se entregará o sábado e domingo, no decurso da feira, aos asistentes. O alcalde entregaralle un agasallo a cada un dos participantes.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, entregoulle unha peza de alfareiría como agasallo á ganadora, Lisbeth Sánchez Díaz do CEIP Virxe do Carme de Sober, así como ao resto dos escolares. O premio á gañadora farase o domingo, na segunda xornada da Feira do Viño de Amandi, que se desenvolverá os días 28 e 29 de marzo en Sober coa participación de 22 adegas amparadas pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Así as persoas que se acheguen ao recinto feiral poderán catar os viños de: A Man de Prado (Bolmente), Algueira (Doade), As Muras e Barbado (Proendos), Cividade (Outeiro-Bolmente), Cruceiro e Décima (Vilachá-Doade), Don Bernardino (Cimadevila-Brosmos), Estrela (Vilachá-Doade), Guímaro (Samil-Brosmos), Lucenza (Corbelle-Proendos), Malcavada (Rosende), Marcelino I (A Carqueixa-Proendos), Proencia (Sansillao-Proendos), Rectoral de Amandi (Igrexa-Amandi), Regina Viarum (Doade), Surga I (Lobios), Val da Lenda (Cantón-Amandi), Viña Ferreiro (Camilo-Bolmente), Viña Cazoga (O Pacio-Amandi), Viña Peón (O Barrio-Figueroá) e Viña Regueiral (A Cal-Barantes).

A apertura oficial do certame está prevista para as 12h. e estará a cargo de Adega Malcavada, en lembranza ao seu fundador, Antonio Vázquez López.

Artigos relacionados

Back to top button