CulturaCulturaÚltima hora

Mostra fotográfica na Casa da Cultura de Xinzo de Limia

O colectivo FotoSintese presentará o 11 de marzo, a exposición “Entre a Auga e a Pedra”
Cartaz da exposición.
Cartaz da exposición.

O vindeiro mércores 11 de marzo ás 20h, a Casa da Cultura de Xinzo de Limia acollerá a presentación da exposición fotográfica “Entre a Auga e a Pedra”.

A agrupación FotoSíntese de Ourense achega ata Xinzo unha obra colectiva (once persoas) que emprega a técnica da panorámica e na que se ofrece un punto de vista, unha ollada, a visión dunha realidade, totalmente vencellada á provincia, á súa natureza e á súa historia.

FotoSintese é un colectivo de afeccionados que teñen como obxectivo aprender e dar o coñecer todo aquilo que teña que ver co mundo da imaxe e da fotografía, así como amosar as súas obras. Esta exposición que agora se presenta na Casa da Cultura de Xinzo de Limia foi a súa primeira experiencia colectiva e presentouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense en setembro do 2014 e despois dentro do Outono Fotográfico no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button