EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Mostra gastronómica e artesá no Paseo do Malecón do Barco

Ata quince expositores participan neste 4º Salón organizado polo Eixo Interior a través do CPT

Mel Veiga Florida, viño de Ladeira da Mata, da Cooperativa Jesús Nazareno ou de Valpaços, marmeladas e doces Caurelor, Bica de Trives, ou pan e empanadas de Panadería Santigoso. Son algúns dos produtos da gastronomía galega e do norte de Portugal que durante toda a fin de semana (1 e 2 de agosto) de 11 a 14 e de 18 a 21h. poderán degustarse e mercarse no Paseo do Malecón do Barco de Valdeorras, no decurso do 4º Salón Gastronómico da Eurorrexión, organizado a través do Centro de Promoción de Produtos Tradicionais (CPT) do Barco.

A mostra abríase na mañá do sábado 1 de agosto, contando coa presenza do alcalde do Barco, Alfredo García e da concelleira de Turismo, Irene Dacal e non se pechará ata mañá domingo día 2 cara a noitiña. Despois da terceira edición do concurso de bocadillos no que o xurado seleccionará os tres mellores que serán premiados unha cesta de productos de Excelencia. Quen desexe participar deberá cubrir o boletín que lle entregarán no stand da organización e facer un bocadillo que teña, como mínimo, un ingrediente mercado na feira.

Á parte dos produtos gastronómicos de excelencia, na mostra tamén participa un oleiro de Barcelos (Portugal) con exhibición de venda de artigos feitos en barro.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button