OurenseÚltima hora

A mostra “In tempore sueborum” recibiu dende decembro 18.000 visitas

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, anunciou que se vai ampliar a apertura da mesma até o 6 de maio
Manuel Baltar e Jorge López Quiroga, na presentación do balance de datos de In tempore Sueborum.

A exposición “In tempore suenorum”, que organiza a Deputación, foi visitada por un total de 18.000 persoas dende a súa apertura o pasado 15 de decembro en tres puntos da cidade -Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, Capela de Santa María Nai e o Museo Municipal-, así o expuxeron hoxe, 22 de febreiro, o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e o comisario da mostra, Jorge López.

Baltar confirmou que o prazo de apertura ao público “vaise ampliar” até o vindeiro 6 de maio, “dado o éxito que está a acadar”, dixo.

Debullando as cifras, o presidente remarcou que nos primeiros 70 días “foron más de 3.500 persoas as que participaron nas visitas guiadas” e foron “ducias”, cifrou, as visitas dos centros escolares de toda Galicia. En canto á procedencia dos visitantes e o seguimento nas redes, dende a Deputación apuntan que proceden de Galicia, Madrid, Cataluña e Castela e León. No eido internacional, os países máis destacados son Reino Unido e Portugal. Deste xeito, o xefe do executivo provincial dixo que a mostra “multiplicou por catro as cifras de impacto no seu primeiro mes, acadando unha audiencia acumulada que supera os 4 millóns de persoas”. Baltar asegurou que o alcance “incrementouse notablemente” tras a presentación realizada na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR)

Asemade, o presidente da Deputación tamén resaltou que se está a traballar na reedición do catálogo da exposición, “esgotada xa a súa primeira edición”.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close