CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Mostra “Inédita” do universo creativo de Barreira, en Verín

Poderá visitarse no claustro dos Mercedarios e vén de inaugurarse no marco das Festas do Lázaro

Bronces, óleos, colaxes e debuxos. “Inédita” é unha trintena de obras que o artista verinés Fernando Barreira comparte por vez primeira co público da súa vila natal: Verín. A exposición, instalada no claustro dos Mercedarios en Verín, inaugurábase no mediodía do 1 de abril no marco dos actos do Lázaro 2017. Inclúe pezas da súa colección privada, préstamos e obra de coleccionistas privados. “Valoro de maneira moi positiva a iniciativa porque é a primeira vez que se abre esta marabilla de claustro e logo porque isto permitiume amosar obra que é inédita”, indica Barreira.

Esta primeira mostra no claustro considérase dende o Concello de Verín como un punto de partida no proxecto para facer deste lugar un museo, tal e como sinalaba na apertura da exposición o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo. ” Hoxe contamos cun principio de acordo para o desenvolvemento dun ambicioso proxecto cultura, un museo permamente para Verín”. Lourenzo agradecía a boa disposición dos padres mercedarios Jesús e Lisardo e tamén a xenerosidade de Fernando Barreira. Na apertura tamén actuaba a Banda de gaitas de Verín.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información:
https://osil.info/verin-fai-da-feira-lazaro-un-escaparate-tecnoloxico-de-innovacion-e-crecemento-sector-primario/
https://osil.info/feiras-libro-e-de-artesania-na-praza-da-merce-de-verin/

Artigos relacionados

Back to top button