En portada

Ourense será a capital mundial do teatro do 20 de abril ao 2 de maio coa MITEU

Belén Iglesias, Luz Fernández, Jesús Vázquez, Virxilio Rodríguez, Fernando Dacosta, Rosendo Fernández e Olga Mojón na presentación.

A  22 Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), congregará en Ourense a máis de 30 compañías teatrais, profesionais e universitarias, vindas dende diferentes puntos de Galicia, España e o mundo, nos escenarios do Auditorio Municipal, o Teatro Principal e o Campus de Ourense. A cidade das Burgas converterase nun espazo de encontro de intérpretes, guionistas, directores e público entre os días 20 de abril e 2 de maio. A presentación tivo lugar onte, 28 de marzo, no Teatro Principal de Ourense e nela estiveron presentes a concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias; a xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Luz Fernández; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; o director da Miteu, Fernando Dacosta; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón.

Máis información no vindeiro número impreso de abril.

Artigos relacionados

Back to top button