CulturaCulturaÚltima hora

Mostra pictórica de Luz Moscoso en abril, na Casa da Cultura de Quiroga

 

Ao longo deste mes poderá visitarse na sala de exposicións da Casa da Cultura de Quiroga unha exposición da obra pictórica da artista local Luz Moscoso. Nesta mostra a creadora  toma como punto de partida fotos realistas de figuras humanas, animais e cadros clásicos. Sen abandonar o compoñente figurativo orixinal, transfórmao con técnica informática e posteriormente plásmao en impresión glicée sobre lenzo.

O resultado desta técnica non evoca a súa orixe fotográfica, senón que é eminentemente pictórico. Algúns cadros superpoñen técnicas mixtas clásicas a este proceso.

Trátase dunha obra en pequeno formato, aínda que a artista desenvolve tamén outra liña de traballo, pintura en formato grande e orientada á abstracción.

Artigos relacionados

Back to top button