CulturaCultura

Mostra polo Día contra a escravitude infantil na Rúa

escrav2

escrav1

Ata o vindeiro 29 de abril poderá visitarse na Casa da Cultura da Rúa unha mostra que amosa a dura realidade de millóns de nenos do planeta que viven nunha situación de escravitude. A exposición, que se abría o pasado 8 de abril, conmemora o aniversario da morte de Iqbal Masih, un neno pakistaní que traballaba nunha fábrica de tapices, e que foi asasinado cando tiña 12 anos. Na súa homenaxe o 16 de abril ten sido declarado o Día contra a escravitude infantil.

Esta mostra, organizada polo Movemento Cultural Cristián (MCC) de Santiago, chegou á Rúa por iniciativa de Alicia e José Manuel.
Para máis información: solidaridad.net.

Fotos: José Manuel Daga.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button