EconomíaEconomíaÚltima hora

A mostra “Sabores de Chaves”, un referente gastronómico

A mostra, que se celebrará do 3 ao 5 de febreiro, contará con 89 expositores (distribuídos em 131 stands)
Antonio Cabeleira, presidente da Câmara de Chaves, no centro durante a presentación de “Sabores de Chaves”.

É unha cita de referencia para norte de Portugal e mesmo para o sur de Galicia. Son multitude as persoas que atrae “Sabores de Chaves-Feira do Fumeiro”, un certame que aposta pola gastronomía local e cuxa décimo segunda edición se desenvolverá do 3 ao 5 de febreiro no pavillón municipald esta cidade lusa.

Neste ano a mostra reunirá a 89 expositores (distribuídos em 131 stands), dos cales 49 son do sector agroalimentario, 38 de artesanía e 2 institucionais. Todo o recinto da feira ocupa unha área de aproximadamente 2580 m², tal e como se explicaba no acto de presentación do salón o 18 de xaneiro, no Salão Nobre da Câmara Municipal de Chaves.

Os visitantes do certame, destinado á promoción dos diferentes produtos gastronómicos locais, poderán adquirir todo tipo de enchidos producidos exclusivamente neste concello, e de forma tradicional, por empresas certificadas, como é o caso da alheira, linguiça, salpicão, chouriços variados, xamón, carnes de porco, xunto con pan centeo, bola de carne, folar, pastel de Chaves, licores e compotas, frutos secos, etc. Xunto isto estarán asemade os viños da DOC Trás-os-Montes.

Outro dos momentos da presentación.

De forma parelala á exposición e venda de produtos, haberá diversas actividades de animación entre as que non faltarán os grupos de danzas e cantares tradicionais do concello, ranchos folclóricos, concertos e moita música tradicional. Do programa do evento destacan concertos como o do grupo “Torga” o día 3 de febreiro e o da “Ronda da Madrugada” no domingo, día 5. A entrada é libre.

Haberá asemade unha fin de semana gastronómica en colaboración coa hostalaría, e máis en concreto coa ACISAT – Associação Empresarial do Alto Tâmega, na que participarán uns 40 restaurantes da cidade.

Artigos relacionados

Back to top button