CulturaCulturaÚltima hora

Mostra sobre as mulleres galegas na historia para conmemorar o 8M en Folgoso do Courel

 

Ao longo deste mes de marzo a Casa do Concello de Folgodo do Courel acolle unha exposición en homenaxe a algunhas das mulleres que fixeron historia en Galicia baixo o nome ‘Mulleres Galegas na Historia’.

Entre elas atopamos a Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato, Manuela Barreiro, María Vinyals, Pura Vázquez, Xela Arias ou Concepción Arenal.

Tamén está María Mariño, escritora galega que viviu no Courel e a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 2007.

A través de diferentes paneis amósanse as biografías e imaxes de 17 mulleres fundamentais na historia de Galicia en diferentes ámbitos como a cultura, a arte e a política.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button