DeportesÚltima hora

As motos volverán ruxir en Quiroga esta fin de semana

O moto club A Curuxa espera reunir a centos de moteiros na III edición da súa concentración mototurística

Por terceiro ano, Quiroga prepárase para recibir a centos de moteiros entre o 26 e o 28 de agosto, no marco dunha nova edición da Concentración Mototurística A Curuxa que, tal como explican dende o moto club “segue a liña das dúas anteriores ao combinar o mundo do motor e as incribles paisaxes da Serra do Courel, atracción que trae cada ano a más visitantes”.

As actividades se desenvolveranse nos tres concellos da comarca (Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel) destacando as rutas moteiras, a homenaxe aos moteiros caídos e a competición de minimotos por moto clubs.

Máis non só haberá actividades para os moteiros, e os veciños de Quiroga poderán disfrutar do concerto que a Banda de Mazinger dará o venres pola noite na explanada do Auditorio Municipal, no que repasarán o mellor dol repertorio pop dende os 80 ata a actualidade, así como do espectáculo de acrobacias en moto e outros vehículos que o stunt rider ACUKO dará na tarde do sábado na rúa Real.

A hostalaría da zona centro participa asemade cunha ruta de tapas para os inscritos e os locais nocturnos realizarán ofertas para a ocasión.

Con todo isto, a organización espera ter a aceptación e gran acollida das edicións anteriores e poder bater así o seu record de participación “se o tempo acompaña”, puntualizan.

Cartaz da concentración.
Cartaz da concentración.

Artigos relacionados

Back to top button