DeportesÚltima hora

Motoxeada 2015 en Fonte da Cova

A II edición da concentración motorista invernal celebrarase do 11 ao 13 de decembro en Trevinca
Imaxe da primeira edición da Motoxeda. /Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe da primeira edición da Motoxeda. /Foto: Carlos G. Hervella.

Se o ano pasado eran as inmediacións do encoro da Veiga as que acollían a primeira edición da concentración motorista invernal, nesta ocasión o colectivo moteiro Balas Rasas elixía os montes de Trevinca para organizar a II Motoxeada, entre o 11 e o 13 de decembro.

Por 25 euros (con entrada ao recinto e acampada de balde), o programa arrancará o venres día 11 en torno ás 16h. coa apertura de inscricións. Dúas horas máis tarde haberá degustación de caldo moteiro e xa pola noite festa rachada.

A Motoxeada inclúe Bike Show no que se elixe á mellor moto do concurso. /Foto: Carlos G. Hervella.
A Motoxeada inclúe Bike Show no que se elixe á mellor moto do concurso. /Foto: Carlos G. Hervella.

O sábado día 12 abriranse as inscricións ás dez da mañá e unha hora despois haberá unha ruta turística por Trevinca. Despois de xantar haberá unha nova degustación de caldo moteiro e licor de café e xa en torno ás 18h. será o momento do Bike Show con votación á mellor moto do concurso por parte do público, cuxos premios entregaranse trala cea xunto cos recordos aos motoclubs asistentes. A xornada completarase coa homenaxe aos moteiros caídos, a festa moteira e chocolate con churros.

O domingo día 13 haberá unha nova ruta turística antes da clausura en torno á unha da tarde.

Artigos relacionados

Back to top button