DeportesÚltima hora

Motoxeada, a invernal galega, na Veiga

Concentración e concurso de motos customizadas, o 13 e 14 de decembro
Cartaz da motoxeada.
Cartaz da motoxeada.
Cartaz do concurso de motos customizadas.
Cartaz do concurso de motos customizadas.

Esta fin de semana, A Veiga convertirase en punto de encontro moteiro. Mañá sábado 13 de decembro celebrarse un concurso estético de motos customizadas, “o único que se realiza a día de hoxe en Galicia” explican dende a organización, adiantando que neste “Bike show” participarán afeccionados e talleres de toda Galicia, Asturias, León e Zamora, así como de Portugal.

De forma paralela o colectivo moteiro Balas Rasas organiza unha concentración motorista invernal, onde haberá “acampada con moito, moito frío (950 metros de altitude, ruta turística a Xares, degustación de caldo e licor café; cea nos tres restaurantes de hai en A Veiga, desfile de antorchas polas rúas do pobo; e homenaxe aos moteiros falecidos” explican dende o colectivo. Asemade entregaranse os premios do “Bike show” continuando coa festa.

Artigos relacionados

Back to top button