A RúaCarballedaConcellosO BarcoRubiáÚltima horaVilamartín

Mouteiras de lousa para mellorar a sinalización do Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras

A Xunta investirá 1,2 millóns de euros para acondicionar e mellorar a sinalización de case 200 quilómetros desta ruta xacobea

 

Un total de 1,2 millóns de euros será o investimento da Xunta para acondicionar e mellorar a sinalización de case 200 quilómetros do Camiño de Inverno, o que suporá facer actuacións neste itinerario ao seu paso por 14 concellos.

Así o explicaba na mañá deste 7 de novembro o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, que precisou que os traballos comezarán a próxima semana e terán un prazo de execución duns 6 meses. A través deste Plan, mellorarase e unificarse a sinalización, con cunchas en parede, fitos de pedra ou sinalética doutras clases. No caso dos concellos de Valdeorras (Carballeda de Valdeorras, Rubiá, O Barco de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras e A Rúa), vanse empregar mouteiras de lousa. As actuacións previstas tamén contemplan rehabilitar tramos de camiño, con actuacións como adecuación do solo ou das anchuras, para que sexan homoxéneos co resto de itinerarios.

O Camiño de Inverno tamén resulta beneficiado dentro do Plan de albergues da Xunta, que inclúe 7 millóns de euros para toda Galicia e a execución de 8 novas instalacións en todo o territorio. En concreto, tal como adiantan dende a Xunta, vanse construír o albergue do Saviñao, no Pazo de Diomondi, cuxas obras comezarán en breve; e un albergue en Rodeiro, que está en fase de estudo.

 

Mouteira de lousa no Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button