ConcellosCulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Multitude de caracois ardendo iluminan o paso da Virxe no Castro

Esta vila barquense celebraba na noite do Venres Santo a procesión da Soidade coa asistencia de numerosas persoas

Levada por catro mozas enloitadas, a Virxe saía da igrexa do Castro (O Barco) ás dez da noite do Venres Santo. Nese momento apagábanse as luces desta vila e comezaban a prenderse a multitude de cunchas de caracois, coidadosamente preparados días antes polos veciños, para alumarlle o paso a esta imaxe na tradicional procesión da Soidade.

Algunhas debuxaban diferentes formas, como cruces, outras simplemente marcaban o camiño. Nalgúns tramos do percorrido tamén podían verse piñas ardendo. Ademais a procesión facía unha parada fronte á capela privada do Pazo do Castro, mentres se rezaba unha oración.

Despois, a procesión continuaba pola localidade ata regresar á igrexa. Multitude de persoas participaban neste acto relixioso, un dos máis emblemáticos da Semana Santa barquense.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button