ConcellosÚltima hora

Multitude de cogomelos nas VIII Xornadas Micolóxicas de Parada de Sil

Cubríanse as 30 prazas desta actividade organizada pola Fábrica da Luz coa colaboración do Concello

Cunha notable participación e cunha boa “colleita” de cogomelos desenvolvíanse o 3 de novembro as oitavas Xornadas Micolóxicas na Fábrica da Luz en Parada de Sil. Cubríase o total de prazas desta actividade e unhas 30 persoas desfrutaban dun programa que incluía sesións divulgativas, saídas ao monte para buscar cogomelos e tamén un apartado gastronómico.

Os asistentes aprendían a identificar as especies de cogomelos máis comúns e descubrían usos alternativos para estes fungos: usos nutracéuticos, fabricación de coiros veganos e tintas ecolóxicas. O programa das xornadas iniciábase arredor das dez precisamente con esas sesións formativas.

Ás 11h. estaba prvevista sesión para saber identificar os cogomelos máis comúns da zona e ás 12:30h. saíase na procura destes froitos do bosque. Foron numerosos os fungos recollidos e, entre eles, había unha sorpresa: un denominado bioindicador: o Hygrocybe conica, que segundo a organización das xornadas “é exclusivo de lugares non contaminados”.

 

O Hygrocybe conicaestá considerado un bioindicador e é exclusivo de lugares non contaminados./ Foto cedida.

 

Despois tiña lugar un xantar micolóxico, tras o cal procedíase á clasificación das especies recollidas no monte. Esta actividade ten sido organizada pola Fábrica da Luz en colaboración co Concello de Parada de Sil.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close