ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Multitude de persoas acompañan ao Nazareno pola rúas do Barco

Esta vila celebra neste 14 de setembro o día grande das Festas do Cristo

As tradicionais Calantornias e os cabezudos, ao son do ritmo tradicional de gaiteiros Os do Venres, encabezan a procesión de Xesús Nazareno que percorría as rúas do Barco ás 12h. neste 14 de setembro. Este é un dos actos centrais das festas do Cristo na vila valdeorresa, que comezaban onte coa lectura do pregón a cargo de Agustín González.

A procesión coa imaxe do Nazareno, acompañada tamén polos seus cofrades, saía dende a igrexa de San Mauro e baixaba pola rúa Escura, seguindo despois polo casco antigo (rúas Real e San Roque), para despois continuar por Manuel Quiroga e enfiar de regreso á zona vella ata a praza Maior, onde se oficiaba seguidamente a misa solemne. Neste longo percorrido relixioso soaban as melodías da Banda de Música do Barco, que dirixe Manuel Prada Ramos. Esta formación ofrecerá ademais a partires das 13:30h. o seu tradicional concerto das festas na praza do Sagrado, tamén na zona antiga da vila.

Durante a procesión a Policía Local do Barco encargouse de regular o tráfico.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Máis información sobre as Festas do Cristo na edición en papel do Especial Cristo 2019 do Periódico O Sil.

Vídeos da procesión:
https://osil.info/video-da-procesion-do-cristo-no-barco-de-valdeorras/

Artigos relacionados

Back to top button