CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Multitude de persoas reciben aos Magos de Oriente en Verín

Tras a cabalgata, Melchor, Gaspar e Baltasar reuníanse cos máis pequenos no pavillón de deportes da vila

En torno ás cinco da tarde principiaba a cabalgata dos Reis Magos en Verín. Xustamente unha hora, ás 16h., as súas Maxestades de Oriente visitaban a Residencia de Anciáns Santa María para entregarlle presentes ás persoas maiores residentes.

Logo acudían á unha multitudinaria cabalgata, que comezaba o seu percorrido na Casa do Escudo e, tras percorrer a avenida Luís Espada, rúas Deputación e Irmáns Moreno, concluía no pavillón municipal de deportes, onde tiña lugar unha gala, na que participaban a alcaldesa infantil e os seus concelleiros. Ademais repartínase agasallos entre os rapaces.

Tal e como sucedía xa o ano pasado, o escenario principal onde se situaban os Reis Magos estaba situado nun fondo da pista do pavilón. Ata alí podía accederse de forma ordenada pola porta principal (rúa Irmáns Moreno) e pola porta lateral (rúa José Santamaría).

A apertura das portas tiña lugar ás 17.15 horas. O público que accedía recibía unha invitación, na propia entrada, co fin de controlar o aforo dun modo exacto. Os nenos que acudían a saudar aos Reis recibían un agasallo.

Por outra banda, o sábado 6 de xaneiro, a partir das 20 horas, a igrexa da Mercé de Verín acollerá o tradicional Concerto de Reis, organizado pola Asociación Verinense de Amigos da Música. Durante o mesmo, no que colaboran a Comunidade Mercedaria e Concello de Verín, o Coral de Verín interpretarán un amplo repertorio de panxoliñas, todas elas adaptadas e arranxadas para o Coral de Verín por Edelmiro Mateo.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button