Multitude de persoas visitaron “Unha mirada de antano” de Ruth Matilda Anderson no Barco

Esta mostra, na que a autora retratou a Galicia rural e urbana de hai un século, vén de clausurarse na sala Abanca

Público visitando a exposición “Unha mirada de antano”, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na tarde do 7 de decembro pechaba as súas portas na sala Abanca do Barco a exposición “Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia”. Ao longo do mes no que estivo aberta ao público foron numerosas as persoas de todas as idades (dende escolares ata maiores) que percorrían esta mostra das imaxes que esta fotógrafa neoiorquina da Hispanic Society of America tomaba durante dúas viaxes a Galicia entre 1924 e 1926.

Anderson Levou a cabo un coidado, exhaustivo e valioso traballo que permitiu documentar os lugares, a vida das xentes e os seus costumes, en especial das zonas de complicado acceso. Entre estas fotografías había algunhas realizadas en Valdeorras en lugares como A Rúa e O Bolo, ademais de noutras zonas próximas como Viana do Bolo. Esta mostra permitiu achegar a estas zonas esa visión e o legado da investigadora estadounidense un século despois do seu percorrido polo territorio galego.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies