En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinaria e animada Festa da Freba en Petín

Máis de 500 persoas asistiron á cea que vén de cumprir o 18 aniversario

Despois de meses esperándoa, a chuvia caía de forma continuada ao longo do día, pero iso non impedíu que centos de persoas desfrutaran, un ano máis, da Festa da Freba de Petín no seu 18 aniversario.

En torno ás nove da noite do xoves 7 de decembro, en plena ponte da Constitución, abrían as portas da carpa instalada no entorno da Casa da Cultura. Alí, máis de 500 persoas degustaron o menú elaborado para a ocasión: de primeiro consomé, de seguido chourizo cocido e como prato estrela, a esperada e exquisita freba, recén asada na grella.

En total empregáronse uns 500 kg de carne magra de porco e mil chourizos (de Industrias Cárnicas Murias), ademais de viño (Can do Sil de Adegas Carballal) e postre (panadería Querol), pan e licores.

Despois da animada cea, servida por medio cento de voluntarios (encargados tamén da elaboración da comida), os asistentes, entre os que destacaron mozos e mozas e diferentes partes da comarca, puderon seguir a festa ao ritmo da discoteca Stuu na mesma carpa, e tamén polos bares de Petín.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button