CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinaria Batucada 2018 en Verín

Xituma Batuke, Kilomberos de Montealto e Trópico de Grelos desfilaron polas rúas da localidade

Un ano máis Verín desfrutou de dous intensos días de festa, auga e música na Batucada 2018. O acto central do programa tiña lugar na tarde do sábado 28 de xullo co desfile-pasarrúas dende a praza García Barbón ata o pavillón de deportes.

Ao son da música e da auga, centos de persoas, especialmente mozos, percorrían as rúas de Verín. Despois da batucada alternativa celebrada o día anterior, o sábado a música correu a cargo de Xituma Batuke (Xinxo de Limia), Kilomberos de Montealto (A Coruña) e Trópico de Grelos (Santiago de Compostela).

Lonxe de rematar, a festa continuaba tralo desfile coa animación musical de Enjoy Disco Móbil Jorge e xa de madrugada co concerto do grupo Gin Toni’s.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close