ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinaria cea de Comadres na Rúa

Preto de 140 mulleres reuníanse no Casino para celebrar unha das primeiras citas do Entroido

De diablesas, de ras, de cortesanas, de bonecas Focochas, de andaluzas, de animadoras, de artistas con gardaespaldas, de monxas,… Un ano máis a cea de Comadres da Rúa sorprendeu pola orixinalidade, a animación e a participación.

Preto de 140 mulleres da comarca (A Rúa, Petín, O Barco,…) celebraban no Casino o tradicional Xoves de Comadres, entre música, bo ambiente e comida, elaborada e servida por Mantesil.

Pola tarde, eran as mulleres rurais de A Veiguiña, as que celebraban a súa particular merenda-cea nun dos locais do Casino. E xa a partires das dez e media, noutra das salas, comezaba a multitudinaria cea das Comadres con festa rachada ata altas horas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button