EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinaria Convivencia nas Adegas de Oval

Máis de 1.300 persoas asisten á VIII edición do encontro na localidade valdeorresa

Pasaban das seis da mañá do domingo 21 de agosto cando pechaba a discoteca A Boa Festa na praza de Oval, no concello de Rubiá, poñendo así o punto final á VIII edición da Convivencia nas Adegas que xuntou a centos de persoas en torno ao viño e aos pinchos.

Máis de 1.300 son, segundo a organización, as persoas que pasaron pola ruta. “Vendéronse unhas 1.300 tazas pero despois aínda chegou máis xente”, explica Sergio. El mesmo asegura que malia a acumulación de xente, todo saíu ben e non houbo incidentes. Entre os asistentes, xente de todas as idades e de toda a comarca (dos diferentes pobos de Rubiá, do Barco, do Bolo,…) que degustaron o viño e tamén os diferentes produtos gastronómicos servidos polas diferentes adegas, entre eles suculentas rosquillas que fixeron as delicias dos asistentes.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button