Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Multitudinaria e colorida Cabalgata polas rúas de Ourense

Na comitiva participaron máis de 300 persoas e 26 carrozas

 

Os animais do mundo. Esa foi a temática elixida este ano para a Cabalgata de Reis que na tarde do 5 de xaneiro percorreu as rúas do centro da cidade de Ourense.

Con saída na avenida das Caldas e final na praza Maior, a Cabalgata contou a historia da viaxe dos tres reis magos polo mundo ata chegar á cidade de Ourense. No seu periplo, foron atopándose animais fantásticos e marabillosos que decidiron acompañalos para coñecer as nenas e os nenos de Ourense. Unha narrativa construída a través das imaxes oníricas propostas nos espectáculos e animacións coas representacións de diversos animais, utilizando atractivas técnicas de construción escenográfica para representar o mundo animal.

Máis de 300 persoas e 26 carrozas participaron este ano na comitiva, repartíndose 3.000 quilos de caramelos, composta por elementos deseñados para a constante interacción co público, de forma que as nenas e os nenos puderon apertar, tocar e abrazar estes marabillosos seres.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button