ConcellosÚltima hora

Multitudinaria Festa da Xuventude en Trives, pese ao mal tempo

Publicidade
Servíase un “gran cocido” para cear, sen embargo o forte aire e chuvia obrigaban a suspender as actuacións musicais

Centos de persoas enchían na noite do 29 de marzo a carpa da II Festa da Xuventude de Trives, instalada na Finca da Barreira. Pese a chuvia eran multitude os asistentes a este evento que comezaba, pasadas as nove e media da noite, cunha cea a base dun saboroso cocido, precedido por sopa.

A partires das medianoite estaba prevista a actuación da Orquestra Solara, seguida da Disco Móbil Stuu, sen embargo a forte chuvia e o vento obrigaban a suspender as actuacións. A organización, en mans dun grupo de tres mozos triveses, valora celebrar esta parte musical da festa outro día, pero por agora non hai data.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button