Galerías de fotosÚltima hora

Multitudinaria Festa do “codillo” na Rúa

Preto de 800 persoas asistiron á cita gastronómica no pavillón rues

Coa entrega dunha placa conmemorativa ao director da Uned Ourense Jesús de Juana, polos 25 anos da externsión da Universidade a distancia na Rúa, arrancaban de forma oficial os actos da VIII edición da Festa do “Codillo”. Unha cita gastronómica que reuníu a preto de 800 persoas para degustar o menú a base de carne de porco.

O xantar desenvolvíase sen incidencias, dando conta dos máis de 400 “codillos” que a cociñeira preparou in situ, acompañados polos grelos, os cachelos e os chourizos. A bica, o café e os licores poñían o broche ao menú.

E entre os asistentes, familias enteiras e grandes grupos de amigos que disfrutaron da xornada festiva.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button