DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinaria KDD Racing en Petín

A xuntanza automobilística supera expectativas con máis de 250 coches na II edición

Por segundo ano consecutivo, Petín converteuse por un día no centro automobilístico da comarca de Valdeorras da man de La Granja Racing, un grupo de amigos afeccionados ao motor e o mundo dos rallyes, que decidían organizar unha quedada para a segunda fin de semana do mes de xullo.

A xornada comezaba en torno ás once da mañá do sábado 9 de xullo coa apertura de inscricións e non remataba ata altas horas da noite, incluíndo xantar, cea, espectáculo sobre catro rodas e música ambiente.

“Todo foi segundo o previsto e tivemos máis coches dos que esperabamos”, aseguran dende a organización, adiantando que foron máis de 250 os coches que se achegaron ata o Campelo (antes de chegar a Mones), onde ao longo da tarde tivo lugar a xuntanza. Alí, os máis atrevidos derraparon, queimaron roda e fixeron soar os tubos de escape dos seus preparados coches. Os demais, conversaban ou simplemente disfrutaban do espectáculo. “Penso que todos quedaron contentos e esperamos que haxa, non só unha terceira edición, senón moitas máis”, di Breo satisfeito co resultado.

O programa da II KDD Racing incluíu premios para o coche máis baixo, o máis ruidoso, o máis antigo, o máis afastado; e tamén para o grupo máis numeroso, para o mellor Traccc. del. en pista e para o mellor TT/4×4 en pista. Trala cea, a festa remataba na praza de Petín ao son da disco-móbil STUU.

Artigos relacionados

Back to top button