ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinaria procesión da Dolorosa na Pobra de Trives

A localidade trivesa pecha as festas patronais coa actuación da orquestra Santiago

Dous días despois das festas na honra ao Santo Cristo, A Pobra de Trives celebraba as da Dolorosa. Na xornada do sábado o pasarrúas a cargo da banda de gaitas Os Trintas, xunto cos campionatos de pádel e tute, deron paso ao baile en sesión de tarde e verbena coa orquestra Hiroshima.

E xa o domingo, pasado o mediodía tiña lugar o acto máis tradicional e multitudinario das festas: a procesión da Dolorosa polas rúas da vila, seguida por centos de devotos. O apartado musical da xornada correu por conta da Banda da Escola de Música de Barbadás, da charanga Triple B e da orquestra Santiago.

Fotos: Carlos Temes.

Artigos relacionados

Back to top button