En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinaria procesión de Santa Rita no Barco

A súa imaxe percorría no mediodía do 22 de maio o centro da vila, acompañada por numerosos fieis que portaban rosas

O Barco celebra neste 22 de maio o día grande das súas festas na honra da Santa Rita. Dende as oito da mañá eran numerosas as persoas que acudían ás misas que se oficiaban cada hora ata ás once. Xa ás doce unha multitude persoas agardaba con rosas nas mans, símbolo da santa, a saída da súa imaxe do templo barquense que leva o seu nome para iniciar a procesión.

Xusto nese momento comezaba a tocar a Banda de Música do Barco, cuxas melodías acompañaban o traxecto relixioso que, tras pasar pola praza do Concello, dirixíase por Euloxio Fernández ata a rúa da Estación, onde iniciaba de novo o regreso á igrexa de Santa Rita.

O templo estaba tamén cheo de fieis que esperaban o inicio da misa concelebraba, que se iniciaba deseguido.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button