EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinaria reapertura do bar Corinto, na Rúa

O negocio familiar mantén o ambiente e a gastronomía que o fixo famoso hai décadas

Abría ao público a finais dos anos 50 e durante décadas, con Manola e Álvaro ao fronte, foi un referente do sector hostaleiro na Rúa. Durante un tempo reconverteuse en comercio de moda e hoxe, 16 de abril, o Corinto reabría as súas portas na céntrica rúa Miguel de Cervantes.

Con nova decoración e nova xerencia (coa filla dos fundadores ao fronte), pero co mesmo espírito e por suposto as súas tradicionais e prezadas tapas (especialmente de orella e callos), o clásico bar coa espectacular terraza traseira celebraba a esperada reapertura á que asistían numerosos veciños da Rúa e tamén de Petín.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button